Web de participación cidadá

 

Antón Sánchez, concelleiro de Anova en Bergondo e terceiro pola candidatura da Coruña, afirmou que “rexeneraremos a política, incrementaremos a participación cidadá e a transparencia, porque temos que actuar diante do descrédito das institucións e dos políticos. Consideramos que estamos diante da fin dun ciclo histórico tanto a nivel mundial como europeo tras catro décadas de imposición de políticas económicas contrarias ás maioría sociais, que desmantelaron o modelo do estado do benestar e provocaron a maior crise económica, social e política do capitalismo.

A coalición Alternativa Galega de Esquerda presenta a súa páxina web centrada na participación cidadá, así existe un espazo específico dedicado a que a cidadanía poida interactuar coa coalición, nun principio, mediante dúas opcións por unha banda unha ferramenta que permite desenvolver preguntas online que estamos a responder con prontitude de xeito público, e por outra banda un sistema de votación electrónica para que a cidadanía poida elixir, entre os distintos bloques temáticos, aquelas propostas que consideran que deben prementarse con maior prontitude logo da chegada ao Parlamento Galego.

César Santiso, concelleiro da Coruña e responsable nacional de comunicación de EU, indico que “en coherencia co noso programa, a nosa web inclúe ferramentas de participación cidadá e transparencia, como non podía ser doutra maneira e a diferenza doutras forzas políticas facemos o que dicimos, así propoñemos que os galegos e galegas poidan democraticamente revocar as Leis que consideren inxustas e ineficientes antes de iniciar o seu trámite parlamentar mediante ferramentas de voto electrónico como sucede noutra democracias máis avanzadas como Finlandia ou Islandia ou a través de referendo popular. Asemade propoñemos unha Lei de Transparencia que permita á cidadanía poder controlar e inspección a acción de goberno e a actividade institucional, tanto na Xunta de Galicia como das Administracións locais galegas, mediante o acceso aos expedientes administrativos, até onde permita a lexislación (Lei de protección de datos), nomeadamente todos os datos relativos aos expedientes de contratación e subvencións.

Xa que logo, comezamos a aplicar as nosas propostas de empoderamento da cidadanía na nosa propia organización, tanto coas actuais ferramentas participativas de cara a campaña como as que incorporaremos para o desenvolvemento da actividade do grupo parlamentario. Tamén aplicamos a transparencia na nosa web, amosando en directo os actos centrais de campaña e subindo posteriormente a web os vídeos íntegros en calidade sen cortes, como fan o resto de forzas políticas. Santiso explico que estas ferramentas estan a ter unha grande aceptación entre os cibernautas, así por exemplo mentres máis de 500 persoas ateigaron o local no acto de Teo do pasado sábado, onde, case outro medio millerio de persoas seguiron o acto en directo a través de streamen.

 

Relacionados