X Asemblea Federal de IU

A delegación recolle unha parte importante dos novos afiliados incorporados ao proxecto de EU nestes meses.

A asemblea federal de IU, que celébrase durante todo o fin de semana en Madrid estará presidida pola coordenadora de EU en Galicia, Yolanda Díaz e ratificará a Cayo Lara como coordenador federal ao obter o maior número de avais e ser a única lista que se presente á coordenación xeral.

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo lembra que a aposta en 2008 por unha IU “anticapitalista, federal e republicana” que trasladaron un número importante de cadros de IU en todo estado é un dos factores que explican o aumento electoral e social do proxecto de IU, proxecto aberto e en proceso de creación de “fortes alianzas sociais e políticas” para tumbar definitivamente o capitalismo no noso país. IU, suliña o coordenador local de Vigo, non naceu para gestionar un sistema que lastra dereitos sociais, naceu para mudar a correlación de forzas entre a clase obreira e o capital e establecer modelos de participación política plurais e participativos.

EU de Vigo felicítase da incorporación de Eva Solla á proposta de novo Consello Político Federal que a candidatura de Cayo Lara presentará á asemblea

Relacionados