Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela queremos recordar que no ano da Memoria a Xunta de Andalucía organizou un acto de recoñecemento e gratitude ós presos do franquismo e ás súas familias. Tería lugar no propio recinto daquel que foi o temible e temido Penal de El Puerto de Santa María.
Os organizadores tiveron a ben invitar o noso camarada Xesús Redondo Abuín a participar no mesmo en calidade de expreso daquel presidio. Anunciáronlle que ía participar nun encontro cos medios de comunicación pola mañá e que interviría no acto pola tarde.
Como e habitual en Abuín Puxo negro sobre branco o que ía dicir e mandoullo. A resposta foi que mantiñan a invitación, pero que non interviría. Mantendo a coherencia que marcou, marca e marcará a súa vida, declinou asistir en calidade de mudo.
A grata sorpresa e que dou anos despois, atopu aquelas palabras súas colgadas en internet.
Por iso poñemos a vosa disposición o enlace a esa páxina:
Tamén vos deixamos o enlace para descargar o pdf: