Xunta de portavoces

É certo que Esquerda Unida reclamou unha, pero non así, convocada de forma oportunista e extemporánea xa que os temas a tratar “Medidas de presión ante a situación do naval e pleno ordinario” hai que tratalos ao mesmo tempo que se acordan outras cousas e non o día no que os traballadores do naval ferrolán están, precisamente, a adoptar medidas de presión ante a situación do naval…en Compostela e diante do presidente da Xunta.

Javier Galán voceiro do grupo non asistirá á convocatoria xa que como afirma non é ubicuo “nin gañas que teño de selo nestes momentos; eu estou e estarei onde tiña que estar o Alcade  da cidade; se non sabe restar á altura do seu cargo é o seu problema. En todo caso sería mellor que deixara de estar enguedellándose con este problema. Está claro que non o sabe encarar”.

Este grupo municipal xa anunciou hoxe e volve a repetilo ante este despropósito: como grupo e como militantes de Esquerda Unida estamos cos/as traballadores/as do naval onde mañá martes hai que estar: enchendo as rúas de Santiago para adoptar medidas de presión ante a situación. Siga o señor Alcalde-Presidente do Concello coa súa ladaíña de lamentos que conducen a ningures pero nós sabemos ben o que temos que facer e con quen temos que estar.

Relacionados