Xuntanza EU-V CCOO

 

Con esta xunta, Esquerda Unida inicia a rolda de contacto cos sindicatos galegos na procura de acadar unidade de acción, logo das solicitudes formuladas a CCOO, CIG, CUT e UGT.

 

Por parte do Sindicato Nacional de CCOO participaron o secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión, o responsable de organización Carlos Pardo, e o secretario de Acción Sindical, Daniel Costas. A delegación de Esquerda Unida estaba formada polo responsábel de comunicación e voceiro do grupo municipal de EU-V na Coruña, César Santiso, o secretario de Organización, Jorge Gil e o responsábel de Economía e Traballo, Xosé Henrique Lago.

 

As executivas nacionais de CCOO e EU-V coincidiron no análise sobre a reforma laboral que consideraron a máis lesiva para os dereitos da clase traballadora dende a democracia, ademais, no referente a negociación colectiva, atenta contra a autonomía sindical, nun claro intento de desmantelamento do sindicalismo de clase que se constitúe nun dos últimos diques para manter o estado do benestar diante do sunami de recortes neoliberais.

 

Posteriormente a xuntanza compareceron diante dos medios de comunicación en rolda de prensa, Daniel Costas quen agradeceu a EU este tipo de iniciativas para valorar as políticas do goberno e coordinar as distintas accións a desenvolver, e César Santiso que solicitou unidade de acción sindical para loitar contra a reforma laboral do PP que finiquita os poucos dereitos laborais que deixaron en pe as reformas desenvolvidas polo PSOE.

 

Santiso considerou que se dan as condicións necesarias para desenvolver unha Folga Xeral, a que EU-V apoiará, xa que o PP está a rachar co pouco que queda do malchamado estado do benestar, pero que en todo caso Esquerda Unida – Os Verdes estará en todo tipo de mobilizacións pola defensa dos nosos dereitos. Porque temos que unirmos para loitar cotra os recortes en ensino, sanidade, servizos sociais, dereitos dos traballadores… e isto non fixo máis que empezar. Así pois chamou a unidade de acción da verdadeira esquerda social, política e sindical para loitar contra as políticas neoliberais que está a desenvolver o PP e que anteriormente fixo o PSOE.

 

Finalmente indicou que o PP perdeu a lexitimidade que lle outorgou a maioría dos españois nas urnas ao incumprir nos primeiros meses de goberno dous axiomas defendidos durante a campaña: que non subirían os impostos e que non abarataría o despedimento.

Relacionados