Xuntanza con CCOO e UGT

 

Na xuntanza, que foi altamente positiva, púxose de manifesto a coincidencia das tres organizacións en definir como antisociais as medidas económicas de corte neoliberal que está a desenvolver o Goberno, asemade, da necesidade de realizar unha Folga Xeral para que o Goberno rectifique a súa errática política antisocial, algo que Esquerda Unida está a demandar dende fai dous anos. A reunión serviu tamén para que EU mostrase aos sindicatos de clase, unha vez máis, o seu total apoio de cara a Folga Xeral.

 

Posteriormente en rolda de prensa Sánchez Aguión agradeceulle a EU a súa posición contra unha reforma laboral regresiva. Mentres que Yolanda Díaz denunciou que a reforma laboral constitúe «un ataque brutal» á clase traballadora, á negociación colectiva «e á democracia», pois as medidas «viñeron impostas de fóra en lugar de se debateren nos parlamentos». Díaz anunciou, ademais, que a súa formación política «fará parte dos piquetes de folga xunto cos sindicatos de clase». Finalmente, Antonio Gómez afirmou que «dicir ‘non’ á reforma laboral é dicir ‘si’ a un futuro mellor para as traballadoras e traballadores deste país», e coincidiu con Díaz e Sánchez Aguión en que «entre todas e todos, imos obrigar o Goberno de España a rectificar».

 

Para Esquerda Unida o Goberno do PSOE está a cometer erro tras erro, primeiro negando a crise, despois aplicando medidas erróneas e inconexas que en lugar de cambiar o modelo produtivo, reactivar a economía e reducir o paro provocaron unha grande débeda que pretenden facernos pagar a clase traballadora, en lugar de recortar os privilexios das grandes fortunas e o poder financeiro.

 

Así, en lugar de eliminar a SICAV, rescatar o imposto de patrimonio, aumentar o grado impositivo das empresas con beneficios, aplicar unha taxa aos movementos bolsistas ou aumentar o tramo superior do IRPF para que os que teñen máis participen solidariamente nunha saída social e de esquerdas á crise. Este Goberno, que se di de esquerdas, actuando ao dictado dos especuladores e o poder financeiro, traizoou a clase traballadora aplicando recortes sociais, atacando a xubilados, empregados públicos e dependentes, perpetrado o maior ataque da democracia ao dereito do traballo a través da reforma laboral e anunciando o aumento da idade de xubilación e recortes nas pensións.

 

Xa que logo, Esquerda Unida está convencida que o 29 de setembro a maioría social deste país, a pesares da presión mediática e a campaña de desprestixio aos sindicatos desenvolvida dende os lobbys neoliberais,  ten que dicirlle ao Goberno e ao poder económico “Así Non” e participar masivamente na Folga Xeral e nas manifestación que se desenvolveran ao longo do noso pais.

 

Relacionados