Xuntanza con Galiza mellor sen touradas

 

Na xuntanza, que serviu para deseñar accións conxuntas encamiñadas a rematar coa subvención pública as touradas, a plataforma explicou a súa proposta de referndúm.

 

O consello comarcal de EU Coruña saúda e apoia a iniciativa de convocar un referéndum sobre as touradas a través do regulamento de participación cidadá. Esquerda Unida, grande defensora de outorgar poder de decisión a veciñanza a través da participación cidadá, valora moi positivamente a intención de Galiza mellor sen touradas de forzar ao goberno municipal a utilizar o regulamento de participación cidadá que ten agachado no baúl dos recordos porque non ten ningún interese en que os coruñeses e coruñesas participamos nas decisións do concello.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “resulta inmoral subvencionar as touradas con 128.000 € en tempos de crise. pero facelo con máis do 73% da cidadanía en contra é antidemocrático”. Santiso rematou subliñando a necesidade de que entren aires novos no concello para desenvolver políticas particpativas que favorezan a maioría social coruñesa.

 

A Xuntanza serviu para constatar novamente o alto grado de coincidencia entre ambas as dúas organizacións, que deseñaron estratexias comúns para rematares coas subvencións públicas do goberno coruñés as touradas e, xa que logo, valoraron o encontro como moi produtivo.

 

Relacionados