Xuntanza con San Xoan

 

Yolanda Díaz, Javier Galán e Sari Alabau visitarán á directiva cun dobre propósito: dunha banda darlles traslado polo miúdo da proposta de orzamentos alternativa que presentou a nosa organización a semana pasado no concello. Doutra, o Grupo Municipal escoitará as demandas e suxestións da asociación coa idea de poder incorporalos no debate e negociación orzamentarias.

 

Negociación orzamentaria da que nada sabemos e da que estamos a espera de ser chamados polo Goberno Municipal para desenvolver un proceso necesario para que a nosa cidade acade un novo orzamento. Lamentamos ora ben o xeito de perder o tempo que practica o Goberno ao non encarar a negociación orzamentaria, ora que se nos desbote  e se aposte por un orzamento conservador, sen obxectivos e privatizador.

 

Acreditamos que as nosas propostas son decisivas para recualificar o orzamento e convertelo nun documento con obxectivos – a memoria presentada polo Goberno non os ten – e cun contido social, público e participativo.

Relacionados