Xuntanza cos comités de empresa de Adif e Renfe

A ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS considera oportuna e necesaria todas as convocatorias de mobilización  en RENFE E ADIF despois da aprobación do RDL 22/2012 no referente a materia de infraestruturas e servizos ferroviarios. Para AGE estamos ante un decreto que , escudándose na precaria situación económica, procede a un novo recorte, esta vez no sector ferroviario, xustificando que a situación económica esixe a máxima eficiencia na xestión dos servizos públicos.

Juan Fajardo e Chelo Domínguez trasladaron a súa preocupación porque no borrador do 13 de xullo proposto polo goberno, confírmase que de aquí a finais de ano, pecharanse liñas de tren, estacións e servizos que só leven un 15% de ocupación. Con estas medidas, ademais, acelérase o desartellamento do territorio galego que se puxo en marcha coas liñas do AVE.

 

Os membros da candidatura trasladaron igualmente a constatación de que a inversión pública feita en Renfe se pón agora ao servicio do sector privado.

 

Para o goberno central, denunciaron os traballadores e traballadoras, a chamada “reestruturación” do sector pasa pola creación de 4 Sociedades Mercantiles Estatales que cederán ao sector privado a infraestrutura que precisen minimizando así a inversión privada e maximizando os seus beneficios.

 

Relacionados