Xuntanza da executiva nacional

A executiva, na que participan tres dos nove deputados de Alternativa Galega de Esquerdas, aprobou unha campaña contra a previsible reforma das pensións que conxugará a loita institucional, con presentación de mocións en concellos e no Parlamento Galego, con actos de rúa e encontros con colectivos sociais.

A coordinadora nacional de EU Yolanda Díaz presentou un informe político no que suliñou que “estamos nun momento especialmente importante para Esquerda Unida, cun proxecto político que nestes anos tense consolidado como coherente coas propostas históricas da formación: non á Maastrich no 94, modelo de estado federal formulado en 1998, etc…

O responsable de organización de EU, Rubén Pérez, presentou unha proposta de esquema organizativo e as secretarías acordaron a presentación de plans de traballos vinculados aos traballos de desenvolvemento da extensión organizativa.

A executiva preparou tamén os traballos organizativos para a Conferencia política sobre Europa que celebra este sábado 15 en Compostela, unha xornada de debate sobre o modelo alternativo de construcción europea que contará coa presencia de delegados e delegadas de tódalas comarcas de Galicia.

 

Relacionados