eu-ccoo-ugt.gif - 22.69 Kb

Xuntanza de EU con CCOO e UGT

 

 

A xuntanza transcorreu nun to de grande cordialidade e serviu para comprobar o amplo grado de coincidencia no análise do actual escenario político caracterizado polas continuas agresións a maioría social.

 

A coordinadora nacional de EU manifestou a súa preocupación polo contexto actual de crise económica e de ataque a clase traballadora, que se manifesta na lesiva reforma do sistema público de pensións que se quere levar a cabo, xerando na sociedade o palpable malestar que se reflicte na convocatoria de folga. Yolanda Díaz explicou que Esquerda Unida apoia a Folga Xeral convocada para o 27 de xaneiro, posto que a nosa organización entende que sobran motivos diante da política neoliberal que está a desenvolver o PSOE, traducida en continuos recortes de dereitos para a maioría social.

 

O secretario xeral de CCOO mostrou o respeto da súa organización para coa decisión tomada por EU pero indicou que non a comparten pois consideran prioritario esgotar a vía da negociación, na que se pretende eliminar as actuacións máis lesivas para o conxunto dos traballadores do Estado que pretende desenvolver o executivo central. En termos similares expresouse o secretario xeral de UGT.

 

Pola súa banda, César Santiso expresou que EU comprende, respeta e apoia a estratexia que están a utilizar unitariamente CCOO e UGT, máis dende EU valórase a conveniencia de convocar a Folga Xeral antes de que o Goberno central leve ao parlamento o texto e así forzar as negociacións. Finalmente o responsábel de comunicación de EU expresou o desexo de que no futuro a unidade de acción de sindicatos, partidos e organizacións sociais de esquerdas sexa a realidade que a clase traballadora necesita diante destes ataques.

 

Ao remate da xuntanza, acordouse, unha vez finalicen as negociacións, proseguir coas reunións que se están a manter entre Esquerda Unida, CCOO e UGT. O que ven a amosar a boa relación existente entre sindicatos e Esquerda Unida.

Relacionados