Xuntanza de EU e SLG

 

 

O Sindicato Labrego Galego, a través da súa secretaria xeral, Carmen Freire, e a súa secretaria de organización,.Lidia Senra, expuxeron, entre outros moitos asuntos, a súa defensa da terra como produtora de alimento, afastada de actuación meramente especulativas, xa sexa polo ladrillo, a enerxía…

 

Entre as propostas realizadas polo SLG, cómpre destacar a súa petición de que todos os concellos, nos seus plantexamentos urbanísticos reserven como mínimo un terzo do seu solo para a produción de alimentos, manifestando o seu apoio a que os concellos se unan contra os transxénicos e criticando as directrices do territorio, que centran todo nas grandes urbes, esquecendo por completo o rural.

 

O punto que centrou maior debate, e no que houbo un acordo total, foi a privatización da auga que se quere levar a cabo, apostando por parte do SLG que os concellos se neguen a cobrar ese canon que penaliza o uso dun ben universal, informando que están a preparar unha campaña de concienciación.

 

Esquerda Unida, en palabras dos seus representantes, expuxo a súa concordancia nos principais temas tratados e a receptividade ás propostas programáticas, manifestando o seu apoio á loita contra a privatización da auga, defendendo a remunipalización dos servizos da auga.

 

Para concluír, a coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, propuxo a elaboración dunha moción conxunta por ambas organizacións, na que nos concellos, nos que o regulamento de participación cidadá o permita, contar coa súa presenza para defendela.

Relacionados