eu-steg2.jpg - 11.36 Kb

Xuntanza EU Compostela con STEG

 

Durante a xuntanza os representantes de STEG expuxeron os problemas que soportan algúns centros educativos, como o CEIP de Vite ou o CEIP Santiago Apóstolo. Tamén criticouse o proceso de zonificación, que en base aos criterios actuais beneficia aos centros concertados en detrimento dos públicos.

 

O principal punto de acordo entre EU Compostela e STEG comprobouse en temas como a mellora dos servizos complementarios, coma o de comedor, que, en vez de repousar nos esforzos das ANPAS, debido á súa función social, debe ser un compromiso das Administracións Públicas  (Xunta-Concello). Igualmente, houbo coincidencia en defender o emprego público en todos os eidos do ensino, xa que hoxe as funcións de bedel, de apertura de pavillóns, ou mesmo de limpeza, están externalizadas e son realizadas por unha mesma empresa.

 

Tanto Esquerda Unida como STEG manifestaron o seu convencemento en que a participación cidadá nos centros de ensinanza é necesaria, non só a de nais e pais, senón tamén das distintas asociacións veciñais, culturais, de persoas migrantes… do barrio, polo que o cabeza de lista de EU Compostela, Xabier Ron, comprometeuse a loitar por un Consello Municipal máis participativo e valorou moi positivamente as propostas de STEG sobre a escola de nais e pais, a necesidade de traballadores sociais nos centros de ensino e o uso das instalacións en períodos vacacionais.

Relacionados