Yolanda Díaz cualifica ao Goberno de Feijóo de “trituradora do emprego”

“O que non din é que, dende 2009, cando Feijóo chegou a presidente, destruíron 185.000 empregos”, criticou Yolanda Díaz esta mañá no Parlamento de Galicia, no pleno dos orzamentos. E iso sen entrar na calidade do emprego que aínda subsiste. “Son vostedes unha trituradora de traballadoras e traballadores”, engadiu a deputada.
Yolanda Díaz lembrou que Alberto Núñez Feijóo, responsábel último duns orzamentos irreais baseados nunha lectura irresponsábel da realidade, “é o presidente máis caro da historia” e que fixo aumentar a débeda por riba dos dez mil millóns, “triplicouna”. Iso nun país en que as horas traballadas descenderon, nos anos Feijóo, un 20%. “Vostedes impoñen unha economía da escravitude, un réxime fiscal regresivo, e estes orzamentos nin sequera inclúen a creación de emprego”, resumiu.

Relacionados