Yolanda Díaz esixe ao Goberno unha actuación urxente para mellorar a liña de tren Ferrol-A Coruña

A voceira e deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, interpelou este martes na Comisión de Fomento ao Secretario Xeral de Infraestructuras, Manuel Niño, para coñecer as previsións do Goberno relativas á modernización e mellora da liña ferroviaria Ferrol – A Coruña.

Yolanda Díaz vén de esixir ao Goberno que atenda, dunha vez por todas, as demandas da cidadanía e dos seus alcaldes “que levan anos demandando unha mellora na liña ferroviaria Ferrol – A Coruña”, e esixe ao Goberno que desenrole o proxecto “que leva enriba da mesa desde o ano 2003 e que tería un investivemento de máis de 550 millóns de euros”.

“É unha broma de mal gusto que vostede compareza hoxe aquí para que nos diga o que xa nos levan decindo desde hai 15 anos”, sinalou a deputada, que lle lembrou ao Secretario de Infraestruturas que “Ferrolterra precisa con urxencia a conexión coa cidade de A Coruña, coa que existen enormes vínculos, universitarios, santiarios e, por suposto laborais, xa que é moita a xente que se despraza diariamente á cidade herculina”.

Ver intervención dende aquí

Relacionados