Yolanda Díaz imparte en Cambre o coloquio que leva por título: “O que non nos contan sobre as pensións”

Esquerda Unida Cambre organizou este pasado luns, 27 de febreiro, no local de Esquerda Unida en Cambre (Rúa Constitución nº3-baixo), a charla que levaba por título “O que non nos contan sobre as pensións”, presentada pola coordinadora de EU Cambre, Loreto Taibo. Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada por En Marea, foi o encargada de impartir este interesante coloquio, que se pode ver dende aquí.

O Instituto Galego de Estatística (IGE) informa de que case un 25 por cento de galegos e galegas son maiores de 65 anos, o que coloca a Galicia como a segunda comunidade máis envellecida de España, cunha esperanza media de vida de 82 anos, só superada por Asturias. Os dramáticos datos relativos ás pensións  evidencian que a política do goberno de Feijóo en materia económica fai que as condicións de vida empeoren para a maioría social.

En Galicia, a preocupante situación das e dos pensionistas se ve reflectida no informe “O estado da pobreza en Galicia 2016”, da EAPN, onde os últimos datos oficiais son alarmantes: o 62,9 % dos ingresos que reciben os xubilados de Galicia atópanse por baixo do limiar da pobreza, unha situación que afecta a día de hoxe a 473.985 persoas e, máis especialmente, á situación das persoas viúvas ou as persoas que viven soas.

É por iso que dende Esquerda Unida denunciamos a degradación calculada dos dereitos sociais, a demolición progresiva dos servizos públicos, e os recortes do goberno de Núñez Feijóo, que veñen a engadirse ás baixas pensións que percibe a maioría do colectivo, o que debuxa un preocupante perfil de pobreza, precariedade e vulnerabilidade dos e das pensionistas, vinculada a unha estratexia para favorecer ás pensións privadas, favorecendo o lucro do sector bancario.

Relacionados