Yolanda Díaz: “Milleiros de persoas foron estafadas polas preferentes, especialmente en Galicia”

Esta mañá arrancou no Congreso a Comisión de Investigación da Crise Financeira coa fin de dar voz ás vítimas reais da crise e das malas prácticas da banca contra milleiros de persoas afectadas pola venta de preferentes. Moitas persoas loitaron e loitan nas rúas, durante máis de catro anos, para que se faga xustiza.

“É inxusto que só recuperaran o roubado aquelas persoas que tiveron a capacidade de mobilización, e máis inxusto é que só se recuperara o 70% do estafado. Esiximos a devolución do 100% dos cartos roubados á cidadanía”, demandou a deputada de En Marea, Yolanda Díaz. “Queremos coñecer o calvario real que tiveron que pasar os preferentistas para esixir xustiza. Moitos enfermaron e outros perderon a vida nesta loita. Qué procedementos se puxeron en marcha por parte das Administracións Públicas para atender e resolver as reclamacións dos afectados desde un primeiro momento?”, preguntou.

“Os causantes da crise fan negocio coa estafa das preferentes mentres que a maioría social se queda privada dos aforros de toda unha vida. Por iso, esiximos coñecer o grado de coñecemento sobre estas preferentes que tiña o Goberno galego, encabezado por Alberto Núñez Feijoó, para analizar o grado de complicidade que o executivo do PP tiña coa banca á hora de poñer en marcha estas malas prácticas”, esixiu.

“Na venta de Abanca produciuse unha verdadeira estafa. A cidadanía galega perdeu os seus aforros e os contribuintes seguen a pagar esta desfeita do Goberno do PP. Cumpriu a entidade galega a súa promesa de devolver os cartos aos preferentistas?”, dixo. Por último, a deputada incidiu en que agora precisamos definir que modelo de banca necesitamos os pequenos aforradores, as persoas traballadoras, a cidadanía e as pequeñas empresas.

Ver vídeo dende aquí

Relacionados