Yolanda Díaz: “No rescate da banca adoptáronse medidas moi duras; non contra a banca, senón contra as vítimas da crise”

A voceira de En Marea, Yolanda Díaz, vén de interpelar ao ex Secretario de Estado de Economía, Fernando Jiménez Latorre, na Comisión de Investigación da Crise Financeira. Entre as cuestións plantexadas pola deputada destaca a pregunta de “por que, cando negociaron o memorándum do rescate bancario, as durísimas medidas e as reformas estructurais aprobadas ían destinadas ás víctimas reais da crise (por exemplo, ás persoas pensionistas ou ás desafiuzadas…) e non contra os causantes da mesma,é dicir, os bancos”. 

Yolanda Díaz tamén incidiu nas seguintes cuestións: “por que entregaron a soberanía do noso país aos acreedores a sabendas de que non íamos recuperar nin un céntimo de euro dos ingresos públicos inxectados á banca, polas súas malas prácticas e as súas golferías?”, “por qué non cumpriron cos prazos dos procesos de reestrucuración e posteriores privatizacións das entidades bancarias?”, “por qué se precipitaron na venda das entidades bancarias, véndedoas a perdas? ou “por qué non cumpriron co seu mandato na xestión da crise, que era defender o interese xeral, e esperar pola recuperación do valor das entidades bancarias?”

Ao rematar, a deputada reflexionou sobre que, o que temos claro é que outras políticas son posibles, “só temos que ver para os nosos veciños portugueses, que alonxándose das políticas de austeridade se pode beneficiar á cidadanía dun país e non aos golfos causantes da crise”.

Ver a intervención dende aquí

Relacionados