Yolanda Díaz: “O triunfo da xustiza fronte a lei Mordaza ofrece grandes motivos para seguir o exemplo de loita, humanidade e dignidade de Nicanor Acosta”

Nada máis coñecer a noticia da absolución de Nicanor Acosta, Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e deputada de AGE, celebrou o triunfo da xustiza fronte a lei Mordaza.

“Considero que é moi importante que o sistema xudicial non participe no proceso de criminalización dos movementos e protestas cidadás, xa que a loita polos dereitos fundamentais é o camiño para mudar as inxustizas”, sinala Díaz.

Neste senso, recorda que “Nicanor é un exemplo de humildade, loita e dignidade e que tivo una conducta exemplar á hora de defender os dereitos da cidadanía. Por iso, é unha gran noticia coñecer que a Xustiza retire a sanción que impuxera o Ministerio do Interior por intentar evitar un desafiuzamento dunha octoxenaria en 2013”, completa.

Relacionados