🎙 Participamos na tertulia de “Salud y Medicina Hoy” para falar de violencia vicaria

Esta semana estivemos na tertulia de InterCoruña: En Salud y Medicina Hoy para debater sobre violencia de xénero e violencia vicaria contra as e os menores dende a perspectiva legal, social, psicolóxica e política. As participantes destacaron a importancia de coñecer a violencia vicaria coa fin de identificala para erradicar esta forma de maltrato ás mulleres.

Na charla participou Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia; Estrela Gómez, representante da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme); a avogada Digna Braña e a psicóloga Mar Sánchez, nun programa conducido e moderado por Isabel García.

As ponentes sinalaron a importancia de ter máis medios, recursos e vontade política para a protección dos dereitos das vítimas de violencia machista, especialmente dos menores.

Tamén destacaron que se foron producindo pequenos avances no recoñecemento do impacto da violencia de xénero nos nenos, nenas e adolescentes. De feito, a lei recoñece aos fillos e fillas das mulleres que sofren violencia de xénero tamén como vítimas. Sen embargo, cando se ten que dar o paso de activar medidas de protección fronte aos proxenitores violentos, os xulgados continúan a aplicar unha serie de patróns que poden deixar máis vulnerables aos nenos e as nenas, polo que concidiron en que “escoitar ás vítimas” é clave no proceso.

Non perdas esta interesante tertulia dende:

 

Relacionados