🎙 Solla fala en Radio Nacional sobre actualidade política e os pasos a dar de cara ás Eleccións Autonómicas 2020

Este domingo 29 de decembro, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, foi entrevistada en Radio Nacional sobre a actualidade política galega, no programa Crónica Galicia, da man de Manuel Gutiérrez da Silva.

Respecto aos anos de recortes de Feijóo na nosa sanidade, Solla sinalou que “o groso dos problemas da sanidade pública están motivados pola falta de persoal. Precisamos dun orzamento importante e dunha planificación administrativa que recupere as prazas eliminadas”. “No relativo á atención primaria, unha persoa que viva en Verín ou en Vigo ten dereito á mesma asistencia sanitaria. Este dereito tamén contribúe á fixación de poboación noutros lugares”, sinalou. 

Respecto ao medio ambiente, Solla sostivo que “a transformación cara unha industria máis respetuosa co medioambiente, incluso no consumo de enerxía, debería estar planificada dende hai tempo; pero a Administración galega non fixo ese traballo”.

Tamén tivo verbas para o feminismo, ou máis ben “do feminismo do que fala Feijóo, que significa o mantemento con cartos públicos de escolas que segregan por sexo, a ausencia de propostas para reducir a fenda salarial, a ‘loita contra a trata e prostitución’… mentres a Xunta evita personarse como acusación no Caso Carioca”, algo contradictorio.

Por último, Solla sinalou os retos a asumir de cara as Eleccións Autonómicas de 2020: “a confluencia en base á xenerosidade e respecto ao diferente debera permitir unirnos nun proxecto común que priorice o importante, fixémolo con Podemos para estas Xerais e a nosa intención é tamén poder sumar con Anova, como xa fixemos en AGE”.

Non perdas a entrevista completa en RNE dende aquí:

Relacionados