🎥 Este venres sigue en directo o acto on line: A LOMLOE A EXAME

Este venres, 19 de febreiro ás 18:30 a Área de Educación de Esquerda Unida ten previsto un acto on line, A LOMLOE A EXAME no que contaremos con Joan Mena, deputado de Unidas Podemos no congreso e con Malay Sobrín, profe de educación secundaria e bacharelato.

Con este acto pretendemos afondar e coñecer as novidades e os cambios que implica a nova lei de educación recentemente aprobada no Congreso.

Como sempre poderedes participar e facernos chegar as preguntas a través do facebook e do youtube. Tamén poderedes seguilo desde as nosas redes sociais e desde a web, aquí vos deixamos os enlaces:

🔗 Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=KTcqubuxSQ0

🔗 Facebook https://www.facebook.com/EsquerdaUnida/posts/3996070010471070

Relacionados