sossanidade.jpg - 42.52 Kb

1 de xullo: medicamentazo

Esquerda Unida denuncia que o proxecto 16/2012 elimina o dereito universal á sanidade. O goberno do PP quérenos vender o proxecto de Real Decreto 16/2012 polo que se regula a condición de asegurado e beneficiario do sistema sanitario como un avance cara a universalidade. O significado real deste decreto é o de eliminar o dereito universal á asistencia sanitaria da poboación.

 

As declaracións da ministra de sanidade, sobre a baixa utilidade terapéutica dos medicamentos excluídos son falsas, xa que estes medicamentos seguirán receitándose. A eliminación de medicamentos para tratar síntomas moi frecuentes e non sempre leves, non impide a súa venta, pero eso si, a costa dos pacientes.

 

Cabe destacar que os cartos “aforrados” polo copago empréganse para financiar a investigación e markenting dos fármacos máis innovadores, que non os máis necesarios pero si os de maior beneficio (é a industria farmacéutica a que prioriza a investigación).

 

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, afirma que “a situación é grave cando a propia industria farmacéutica ten o coñecemento dos recortes que se van producir nos fármacos antes que as propias Comunidades autónomas”. Esta situación evidencia un modelo sanitario consecuente co goberno do PP cuxo obxectivo e finalidade é lexislar para os mercados e non para as persoas.

 

Por todo esto, Esquerda Unida continua coa loita necesaria e obrigada da defensa do sector público universal, gratuíto e de calidade. A nosa sanidade non debe estar a mercé das industrias farmacéuticas nin tampouco dunha política neoliberal que nos quere converter en mercadoría. Apostamos pola mobilización e chamamos á rebeldía para combater este abuso social.

 

A executiva nacional de Esquerda Unida, chama á participación nas mobilizacións convocadas en defensa da sanidade pública, convocadas polas diversas plataformas en Defensa da Sanidade Pública. Este vindeiro 1 de xullo entran en vigor as medidas aprobadas polo goberno do PP. Empezamos a pagar os medicamentos prescritos, despois de 30 anos de sanidade pública, as promesas e as mentiras deste goberno xa están sendo unha realidade. EU manifesta o seu rexeitamento  fronte á eliminación do financiamento dos medicamentos.

Relacionados