11 abril Asemblea de EU en Ferrol

Esquerda Unida, como movemento político e social, fai de esta asemblea un espazo aberto, onde toda a cidadanía está invitada a participar e facer as súas achegas, de cara a mellorar un proxecto alternativo a política neoliberal, un proxecto para a maioría social asoballada pola política de recortes dunha democracia feble ao ditado da Troika e os mercados.

O noso obxectivo é claro: a coxuntura na que vivimos, require unha acción común, a creación defrontes sociais que sexan quen de derrubar o golpe de estado silencioso que estamos a sufrir, tumbar a ditadura financieria que golpea con recortes de dereitos e esmorecemento democrático. En definitiva, o que dende Esquerda Unida queremos é facer de nós unha organización de masas para un proxecto de maioría social. Acude a asemblea e atopa un lugar onde a túa voz sexa escoitada, fronte aos muros infranqueables das políticas do medo, do engane, da fraude democrática, Esquerda Unida ofrece un espazo de converxencia, de solidariedade e de loita de clases, de esquerdismo alternativo con outra política e economía posibles.

Relacionados