11/10 Mobilización estudiantil

Os duros recortes sufridos no sistema educativo exclúen a unha grande parte da cidadanía dunha educación pública e de calidade. A mocidade de Esquerda Unida rexeita as políticas de recorte dos gobernos autonómico e estatal do PP, que hipotecan o futuro da xuventude, e con iso o futuro da Galiza. Este curso o ensino medio contará con case 1000 prazas de profesorado menos. As novas condicións para a adxudicación das becas dificultan a súa obtención, facendo recaer exclusivamente no alumnado o suspenso. A caída en 3.000 millóns de euros nos presupostos de educación fan caer a cualidade do ensino público. A situación no rural é insostíbel, e coa concentración de alumnado de diferentes idades impidese o desenvolvemento axeitado das aulas.

A todo isto súmase o aumento brutal que nalgunhas Comunidades Autónomas xa están a sufrir as taxas, e só o adianto electoral mitiga na Galiza. Na nosa Comunidade Autónoma a primeira matrícula mantivo o seu prezo, pero a tendencia é a suba de máis dun 100% dos prezos; tendencia contra a que só a loita estudantil pode servir de barreira.

Dende Esquerda Unida, a mocidade esixe a paralización da LOMCE. Un modelo que pretende precarizar a man de obra, con reválidas que impedirán acadar a universidade, derivando alumnos a unha Formación Profesional duramente desvalorizada.

Todo isto supón unha caída clara do nível educativo, que impide a saída da crise e condena á xuventude a un futuro de precariedade.

Por iso a Área de Mocidade de Esquerda Unida esixe a marcha atrás nos procesos de destrución do Ensino público. A reforma constitucional apoiada polos dous grandes partidos do Estado condúcenos inexorablemente a un futuro de recortes, co cal só sairemos da crise cunhas condicións socioeconómica e laborais pauperizadas.

A Área de Mocidade de Esquerda Unida apoia as protestas do 11 de outubro, pois só coa contestación estudantil aos recortes educativos do goberno podemos asegurarnos un futuro digno. Para fuxir da precariedade actual é necesaria a unidade do estudantado na loita contra as políticas de degradación do ensino público, que atacan xa a todos os níveis de estudo.

 

Relacionados