Esta charla sobre fiscalidade municipal, ten como obxectivo aportar solucións ás dúbidas en relación a CÓMO aproveitar ao máximo os recursos dos que dispoñen os concellos, para non deixar a ninguén atrás, para elo contamos con Loreto Taibo, responsable de política municipal de EU, Rubén Pérez secretario de organización de EU e concelleiro da Marea de Vigo, e Carlos Sánchez Mato responsable de política económica de Izquierda Unida.
Os concellos, son a Administración máis preto da cidadanía, e polo tanto a primeira á que chaman para poder buscar solucións. Pero ditas Administracións, como consecuencias das normativas impostas na anterior crise, vese cunha limitación das súas capacidades, xa que estas regras teñen encorsetado a capacidade de investimento e gasto público, afectando directamente a unha correcta atención e cobertura dos servizos municipais.
Estamos a ver directamente as consecuencias das políticas neoliberais materializadas en moitos casos nesas regras de gasto e falsa racionalidade, que están a afectar a correcta cobertura dos nosos servizos públicos, no caso do ámbito municipal, as taxas de reposición, teñen impedido unha correcta dotación deses servizos, que hoxe non contan co persoal axeitado para a cobertura dos mesmos. Esta situación tamén é extensible a outras Administracións e servizos como pode ser a cuestión sanitaria ou da dependencia.
Polo que entendemos que as teorías de “todo o poder para o público”, que dende Esquerda Unida, levamos defendendo moitos anos, actualmente estamos a ver como son as correctas e resultan máis necesarias que nunca.