14 de abril, construíndo República

Construímos República desde o cercano.

Hoxe 14 de abril conmemoramos o 92 aniversario da Segunda República, unha data clave na nosa historia para todas as persoas comprometidas coa democracia, a igualdade e a liberdade no noso país. Ademais de render homenaxe ás persoas que contribuíron coa súa loita ao mellor do noso acervo democrático, queremos facer un chamamento a redobrar a defensa dos valores republicanos. Buy replica Rolex online from our online www.ukwatchesreplica.uk.com replica watch store and save money. We guarantee the lowest prices on UK replica Rolex watches.

Despois de case 100 anos, seguen sendo sinónimo de futuro e progreso.

A República é sinónimo de progreso fronte a unha institución arcaica, corrupta e antidemocrática como é a Monarquía, que carece de lexitimidade xa na súa propia esencia: dende a súa condición hereditaria ata o principio de inviolabilidade que a converte nunha institución impune. Este é o ADN da Monarquía. Aínda que traten de limpar a súa imaxe sempre será unha institución que carece de lexitimidade, que non foi elixida pola cidadanía. A monarquía é un lastre para a democracia real, polo que dende Esquerda Unida expomos un proceso de profundización democrática, un proceso constituínte que abra, entre outros, o debate sobre a organización territorial e a xefatura de Estado.

Ante a crise territorial vemos que as dereitas propoñen retroceder cara un Estado máis centralista e autoritario. A solución pasa, ao contrario, por máis democracia. Por iso, replica Bell and Ross dende Esquerda Unida propoñemos un Estado que permita articular a pluralidade de identidades baixo un mesmo proxecto no que se recoñeza a diversidade dun Estado plurinacional como o noso, non reducíndoo a unha mera unión de nacións, senón tamén a un proxecto de convivencia compartida.

Fronte á Monarquía, coa súa vella forma de facer política mediante os enchufismos, as corruptelas e os nexos coas oligarquías económicas, defendemos unha nova forma de facer política baseada na transparencia e a defensa do público. En definitiva, defendemos unha República como a única alternativa posible para a clase traballadora na que os problemas, anhelos e demandas da cidadanía se poñan no centro do debate público. Fronte á decadencia e o pasado, o progreso e o futuro mediante unha alternativa constituínte republicana que sexa capaz de afrontar os retos e necesidades actuais da clase traballadora e os sectores populares.

Dentro de algo máis dun mes terán lugar as eleccións municipais e autonómicas, e máis adiante as xerais. Están en disputa dous modelos de futuro do noso país, un de corte reaccionario que aposta por máis centralismo, desigualdade, desmantelamento dos servizos públicos e retrocesos; e outro modelo centrado no ben común, que aposta por máis progreso e máis dereitos para todos e todas.

Dende Esquerda Unida seguimos traballando por un país máis xusto, democrático e fraterno, isto é, unha República Federal e Solidaria que dea resposta aos retos sociais, económicos, territoriais e culturais do noso país para lograr un reequilibrio en termos de xustiza social.

Baixo estas coordenadas, hoxe 14 de abril facemos un chamamento a toda a cidadanía demócrata e progresista para que se some á construción do futuro proxecto republicano que construímos día a día, dende os nosos barrios, dende os nosos centros de estudo e traballo, dende a sociedade civil.

Dende o cercano.

Porque o queremos todo! A pola Terceira!

Relacionados