17 abril en defensa ensino público

Facemos un chamamento á participación nas mobilizacións en defensa do ensino público convocadas a partir de mañá pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Para AGE, impedir que o Goberno de Mariano Rajoy e a súa sucursal galega presidida polo amigo do contrabandista Dorado avancen na liquidación da escola pública é un imperativo político. Por iso o grupo parlamentario apoia as protestas da comunidade educativa que comezan mañá cun peche no instituto Rosalía de Castro de Castro e que se estenderán ao longo de todo o mes por diferentes centros educativos do país. Alternativa tamén se sumará á concentración que o ente convocou para o 17 de abril na capital galega.

Alternativa comparte coa plataforma o diagnóstico a respecto da denominada Lei de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e faino seu: “É unha norma reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional”.

 

Relacionados