Esquerda Unida-Os Verdes apoia as mobilizacións en contra dos recortes decretados polo goberno de Rajoy. Unha vez máis e sumadas ás imposicións levadas a cabo polo goberno neoliberal do PP, estas se converten nun ataque aos principios da democracia e distan moito de seren unha saída cara a diante desta crise na que nos vemos involucrados e da que nos queren facer culpables.
A executiva nacional de EU-Os Verdes celebra a unidade de acción sindical fronte o ataque do PP. Consideramos que só coa unión da clase traballadora, da cidadanía, poderemos frear o proceso de deterioro e quebra organizada de dereitos lanzada polo PP para contentar aos especuladores voitres ultraliberais que malgobernan Europa, e que só cobizan desmantelar o carácter público dos servizos básicos esenciais para sometelos ás leis da competitividade e do lucro.
A coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, manifesta que “cómpre que traballemos conxuntamente para establecer un calendario de loita nacional”, sabemos que somos quen de exercer, non só de freo, senón que tamén somos quen de impulsar políticas alternativas ao saqueo que estamos a padecer.
Con todo esto, a Esquerda Unida fai un chamamento á militancia e a toda a xente de esquerdas á participación activa nas mobilizac¡óns convocadas para o vindeiro xoves 19 de xullo.