1decembro día mundial de loita contra a sida

A Xunta de Galicia reduciu en máis dun 50% as axudas e subvencións destas asociacións, o que pon en perigo a continuidade das accións e programas que levan a cabo dende hai case 20 anos e que a Administración se nega a xestionar directamente.

Sofía Díaz, responsable de políticas sociais de Esquerda Unida manifesta que “a Xunta delega as súas funcións, competencias e responsabilidades nas ONGs e logo impide que as poidan levar a cabo pola asfixia económica a que as somete, reducindo as contías e retrasando miserablemente os pagos” exemplo desto, continúa “en pleno mes de decembro o Concello de Ourense aínda non asinou o convenio para o ano 2014 e a Xunta de Galicia lles obriga a adiantar o custo da Casa de Acollida ata un ano enteiro”.

Multitude de persoas se atoparán en situación de grave risco de exclusión social se non poden ser atendidas polos Comités Anti-SIDA (actualmente centos de persoas almorzan a diario nas sedes dos Comités debido a carencia de recursos municipais nos que as persoas poidan permanecer algunas horas durante o día).

As Casas de Acollida para persoas afectadas pola SIDA de Ourense e A Coruña, dependentes dos Comités Cidadáns Anti-SIDA, que funcionan dende 1994 no caso de Ourense, e nas que residen ducias de persoas, seguen a ter un futuro incerto, tal e como denunciamos dende hai anos. Só a voluntariedade e alta implicación dos membros dos Comités Anti-SIDA (xunta directiva, persoal contratado, voluntariado, usuarios e residentes) fan posible que estes recursos sigan funcionando.

É de destacar, un ano máis,  a incompetencia da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Traballo e Benestar, dirixida por José Selas Souto responsable de que Ourense, de novo, sufrira un recorte das axudas da Xunta de máis dun 50%. Os recortes son unha cuestión de vontade política.

Xa o ano pasado a Casa de Acollida para persoas afectadas pola SIDA de Vigo tivo que pechar as súas portas, debido tamén ós sucesivos recortes das subvencións. A Xunta non se fixo cargo das persoas que residían nela, non asumiu a súa obriga de garantir unha alternativa de acollida para estas persoas, nun avanzado estado da enfermidade.

Calquer recorte nas medidas de prevención e/ou tratamento é tremendamente caro, non só no humano e social, senón incluso no económico. Todo gasto en prevención e atención é unha inversión, non só pola súa rendabilidade humana e social senón tamén pola económica, polo aforro que supón dos altos custos dos ingresos hospitalarios ou en prisións que se evitan.

O lema deste ano da ONU é:

“A SIDA NON É ALGO DO PASADO. TENO PRESENTE”

A política inxusta e insolidaria da Xunta de Galicia, consistente no recorte indiscriminado de axudas e subvencións ós Comités Cidadáns Anti-SIDA e as Casas de Acollida terá como resultado todo o contario ó que propón a ONU. Provocará esa volta ó pasado que a ONU rexeita e suporá máis casos “invisibles”.

En Galicia hai máis de 2000 persoas infectadas polo VIH e entre un 30 e un 40% máis descoñecen a súa seropositividade.

En canto ó nivel internacional, denunciamos a situación de desigualdade con respecto ao acceso ós tratamentos entre países desenrolados e países pobres, elo nos obriga a que os países que contamos con maiores avances e recursos en prevención e tratamento do virus, teñamos unha actitude solidaria hacia eses países.

Criticamos que a industria farmacéutica actúe habitualmente dun xeito puramente mercantil, sen responsabilidade social algunha. Esiximos ó Goberno de España que presione ás multinacionais farmacéuticas, no ámbito das relacións internacionais e da cooperación ó desenrolo, abrindo liñas centradas na fabricación e distribución de medicamentos xenéricos para o Terceiro Mundo.

Esquerda Unida  urxe a tódalas Administracións para que impulsen campañas de prevención e atención e esixe á Xunta que se alonxe destas políticas de recortes indiscriminados.

Esiximos á Administración que asuma a súa responsabilidade neste eido, con xustiza e solidariedade, con sentido comunitario, pois, como dí Eduardo Galeano:

“O sentido comunitario é a forma máis fermosa de exercer o sentido común”.

Relacionados