Estamos nunha recesión económica e laboral moi grave. Supéranse xa a nivel estatal os catro millóns de parados, dos que máis dun millón non cobran o subsidio de desemprego; estanse producindo miles de deshaucios por non poder pagar a hipoteca; en Galicia hai máis de 240.000 parados/as; en Ponteareas suman xa mais de 2.687 parados/as.
Non é tecnicamente posible precisar a corto prazo a evolución desta recesión e da futura depresión, polo que os anuncios de brotes verdes e futuros esperanzadores son propios de políticos desaprehensivos.
Trátase dunha crise do sistema capitalista en xeral, agravada polas políticas neoliberais aplicadas en España polo PP, PSOE e nacionalistas.
Aproveitando o medo e desesperación da xente, os defensores do capital tratan de impoñer novos recortes de dereitos para a clase obreira. Queren o despido gratis, queren acabar cos convenios, queren reducir os gastos sociais en educación, sanidade e dependencia, queren reducir o período de xubilación. Pero non queren reducir os gastos militares, as axudas á banca e a unhas poucas empresas privadas.
Fronte a estes despropósitos hai unha política alternativa, global, defendida por ESQUERDA UNIDA, froito dun rigoroso estudio das nosas posibilidades reais de desenvolvemento sostible.
Fronte ós despropósitos neoliberais estanse posicionando tamén o movemento sindical con toda a súa diversidade.
Por iso mesmo, dende ESQUERDA UNIDA chamamos a todos os traballadores e traballadoras, mozos e mozas, a participar o vindeiro 1º de maio nas manifestacións convocadas. Que cada quen participe na manifestación da súa preferencia, pero que participe, porque, inda que hai división sindical, o importante é que a suma de todos os manifestantes sirva para lanzar unha mensaxe clara ós banqueiros, medios de comunicación e partidos do sistema de que a resistencia vai ser tenaz.
Lamentamos un ano máis que en Ponteareas algunhas organizacións que se din de esquerdas, organicen na madrugada e durante o 1º maio actividades lúdicas na Picaraña, tratando de distraer e adormecer á mocidade respecto á responsabilidade de mobilización fronte ás agresións dos capitalistas.
Para Esquerda Unida a celebración do 1º de Maio debe ser o referente inescusable dos traballadores/as e o mellor marco para que a clase traballadora demostre a súa forza e lle diga ó capital que non vai a tolerar máis atropelos.