O PP rexeita melloras para Ferrol

 

No debate plenario das emendas ao proxecto de orzamentos, estas foron desbotadas na súa totalidade polo PP. Sen vontade de transaccionar nada ou asumir incrementos en partidas que tiñan no proxecto gubernamental  cantidades ridículas, o PP amosa o que lles interesamos as mulleres e homes de Ferrol:cero euros.

 

As emendas importaban 210 millóns de euros para atender a esas necesidades básicas que os representantes do PP finxen considerar necesarias, pero que logo obedientes ignoran na práctica. 120 millóns para o dique flotante, a cubrición doutro dique, o avanzo nos estudos da nova fragata F-110 conforman o espiñazo das partidas emendadas por EU  no que atinxe ao sector naval. O conxunto das emendas neste sector clave sumaron 145 millóns de euros.

 

A outra gran pata das emendas foron para o saneamento integral dunha ría que non atura máis atrasos na súa rexeneración: as caidas na produción marisqueira, os proxectos aínda pendentes que  formulan como proposta afundir outra ponte chea de piares na ría, os conflitos cos traballadores do mar, son a testemuña elocuente da insostenibilidade da situación actual.

 

Caeron sen intelixencia nin interese polo PP  no trámite parlamentar emendas por importe de 27 millóns de euros para adiantar o saneamento da ría, e outras que suman 25 millóns para novos proxectos sustentables de carácter industrial.

 

Tamén se desbotou unha reserva dun millón de euros para comezar a rehabilitación de Recimil. E a incorporación de Ferrol o Eixo Atlántico ferroviario cunha primeira achega de nove millóns.

 

Esquerda Unida considera que no actual intre que todas e cada unha da decea de emendas foran rexeitadas produce para a cidadanía un panorama desolador: cun PP obediente pero situado de costas, hostil, ás necesidades fundamentais da cidadanía de Ferrol.

 

En suma, 207 millóns para atender aspectos básicos da cidade e que serían unha notable panca de creación de emprego. O PP prefire satisfacer as esixencias cobizosas dos mercados a producir emprego e infraestruturas básicas para a nosa  cidadanía.

Relacionados