#21MVolvemosaMadrid coas Marchas da dignidade

Neste momento de emerxencia social e política, no que as libertades democráticas son atacadas de seguido, no que a diferencia salarial entre homes e mulleres segue en aumento, no que o paro segue a ser un drama social, no que a xuventude segue a emigrar. Neste momento no que as persoas seguen a ser desafiuzadas e no que o emprego cada vez é máis precario e os salarios máis miserables, onde a pobreza segue en aumento, mentres isto aconteza, non imos a permitir que se fale de paz social.

Por todo isto, Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación masiva nas mobilizacións convocadas polas Marchas da Dignidade para este 21 de marzo. As columnas procedentes de todo o estado confluirán en Madrid , para esixir o dereito a pan, traballo e teito, o que ben a ser o dereito a unha vida digna.

Relacionados