Esquerda Unida ve nos datos de desemprego que Galiza necesita un novo Goberno, logo da incapacidade do PP para reactivar a economía galega que nos leva pola senda dos recortes, de maior par e, en definitiva, maior pobreza.
Para a executiva nacional de EU resulta inaceptábel a parálises da xunta do PP diante dunha suba do desemprego do 8,82% elevando a cifra de persoas galegas en paro a 235.416. A situación da provincia de Pontevedra con mais de 102.960 parados cunha taxa do 9,76% e de A Coruña con 101.652 parados/as cunha taxa do 8,52% reflicten que na Galiza estanse desmantelando os principais sectores produtivos, como o industrial, o que evidencia que o 2012 será o ano no que a automción e toda a súa industria auxiliar pase polo mesmo drama que levou a centos de empresas do sector naval o seu peche coa conseguinte perda de postos de traballo na Galiza.
O responsábel nacional de economía e traballo, Henrique González, considera que os recortes de Feijoo e Rajoy levaran a España e Galiza á recesión, debido a que o PP, baixo as ordes de Merkel, está a palicar a máis radical política neoliberal nas institucións con recortes e subidas de impostos, baixo o pretexto da mala xestión do goberno anterior. Así, as subas de impostos do PP sobre as rendas do traballo e a exclusión da subida de impostos os grandes capitais, sicav ou sociedades de inversión, certifican que as clases medias traballadoras son as que van pagar as grandes festas, banquetes e os luxos dos banqueiros a modo de indemnizacións millonarias, xubilacións, prexubilacións, prestamos de xuros, etc. que se levaron sen ningún tipo de control, como se de algo normal se tratase, e polo que se ve, sen ningunha responsabilidade en materia de xustiza penal.
Finalmente Esquerda Unida quere condenar que tanto o Goberno do PSOE como agora o do PP acepten ERE preventivos ás grandes empresas, en vez de esixir o mantemento do emprego.