24 abril preferentes en Europa

Esquerda Unida esixe a devolución íntegra dos cartos estafados aos pequenos aforradores. A estafa da banca non debe saldarse coa perda dos aforros das persoas que por engano da propia entidade agora perde os seus aforros, mentras os últimos responsables disfrutan libremente da súa hazaña.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida anunciou que a comisión de peticións do Parlamento Europeo debaterá o 24 de abril a denuncia presentada, a través de Esquerda Unida, polas plataformas de afectados polas preferentes da Coruña e Vigo. Na devandita comisión, acompañados polo Eurodeputado de IU Willy Meyer, compareceran afectados das preferentes para expoñer a súa situación, unha auténtica estafa e indecencia.

A nivel galego, a vindeira semana reunirase no Parlamento a comisión de investigación das caixas galegas onde Alternativa Galega de Esquerda esixirá responsabilidades ante liberdade dos estafadores.

Yolanda Díaz, esixe a Feijoo que “faga algo” para que os afectados recuperen os seus aforros e manifesta que o presidente da Xunta e o do goberno de España deben negociar co FROB, unha cantidade que cualificou de “irrisoria” en comparación co rescate bancario “a estafa dos bancos”.

A portavoz da plataforma, Ana Cedeira fixo un chamamento ás persoas estafadas para que non asinen as quitas que o Banco ofrece, á vez que reclama ao alcalde da Coruña que se manifeste e apoie ás persoas afectadas pola estafa de Novagalicia Banco.

 

Relacionados