24 abril debate preferentes

Durante a súa intervención, a coordinadora nacional de EU anunciou que a comisión de peticións do Parlamento Europeo debaterá o 24 de abril a denuncia presentada, a través de Esquerda Unida, polas plataformas de afectados polas preferentes da Coruña e Vigo. Na devandita comisión, acompañados polo Eurodeputado de IU Willy Meyer, compareceran afectados das preferentes para expoñer a súa situación, unha auténtica estafa e indecencia.

Yolanda Díaz, que esixiu a Feijoo que “faga algo” para que os afectados recuperen os seus aforros e salientou que o presidente da Xunta e o do goberno de España deben negociar co FROB, unha cantidade que cualificou de “irrisoria” en comparación co rescate bancario “a estafa dos bancos”.

Finalmente, Díaz, avanzou que a postura de AGE na comisión da investigación sobre as caixas galegas, cuxa mesa reúnese este luns día 8, será a de saber “realmente o que pasou porque resulta resulta unha vergonza que os responsables das caixas galegas non estean esposados por esta estafa”.

Mentres, a portavoz da plataforma das preferentes acusou a Novagalicia Banco de “mentir” e fixo un chamamento aos afectados para que non asinen as quitas, mentres afirmou que o arbitraxe, está paralizado.

Asemade reclamou ao alcalde coruñés e presidente provincial do PP, Carlos Negreira, que “perda a vergonza” e lles dea “publicamente” o seu apoio e poña “todos os medios” para axudar aos afectados, mentres que reclamou o respaldo de todos os grupos municipais á moción que están a preparar para o pleno deste luns.

César Santiso anunciou o apoio a dita moción e comprometeuse a pular porque toda a corporación a apoie “xa sabedes que EU estivo con vos dende o primeiro momento e seguirá a loitar parra evitar este indecente corralito”.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, a petición da plataforma de afectados das preferentes,  presentará unha moción no vindeiro pleno para que devolvan todos os cartos aos aforradores, non se apliquen as quitas e se incremente o ritmo das arbitraxes.

 

 

Relacionados