Esquerda Unida súmase e fai un chamamento á participación nas diferentes mobilizacións convocadas polo Movemento Feminista Galego co motivo do Día contra a Violencia Machista, este vindeiro sábado 25N, no que saímos ás rúas a reclamar igualdade radical fronte á violencia exercida dende o patriarcado.
Esquerda Unida, a través da súa área nacional da Muller, fai público o seu Manifesto polo 25N, no que considera que na actualidade precisamos políticas transversais, contundencia e decisión política para aumentar os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade activas, integrais e participativas.
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e Raquel Bernárdez, responsable da área da Muller, estarán nas seguintes localizacións:
EVA SOLLA, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea.
Lugar: Farola de Urzáiz (Vigo). Hora: 20 h.
RAQUEL BERNÁRDEZ, responsable da Área da Muller de EU. Lugar: Praza 8 de Marzo (Compostela). Hora: 20h. |
Non perdas a súa aportación a Praza polo 25N:
As compañeiras Eva Solla e Raquel Bernárdez falando claro: Defender o obvio.