2,5 desafiuzamentos diarios

Diante desta situación no Pleno ordinario de hoxe todos os grupos municipais presentaron mocións para tratar de reverter esta dramática situación.

Esquerda Unida lamenta que o PP rexeitase as tres mocións presentadas pola oposición que incorporaban accións reais e concretas contra os desafiuzamentos, para forzar coa súa maioría absoluta aprobar a súa cos seus únicos votos.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes abstense na moción sobre desafiuzamentos presentada polo grupo municipal do PP por considerala valeira de contido e un mero brinde ao sol. Efectivamente a moción insta a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) a poñer unha posición común para que tomen medidas, mais en ningún momento propón ningunha, así desta maneira fai un “paso e veo” diante dos 525 dramas mensuais que se vive no partido xudicial coruñés. Tamén insta ao goberno a avanzar na defensa das persoas hipotecadas, cando de todos é coñecido que as medidas decretadas polo goberno central son insuficientes e se fixeron ao ditado dos banqueiros. Por último insta as entidades bancarias a aplicar o Código de Boas Prácticas, como si os culpables da crise foran a facerlle caso, non se pode instara as enteidades bancarias a aplicar código de boas prácticas porque son tiburóns financeiros,  esta ultima medida podería compararse con poñer ao raposo a coidar das galiñas.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “unha vez máis o pp actúa á contra, rexeita as mocións da oposición para presentar unha descafeinada que non compromete nin resolve nada, con este tipo de actuacións fraco favor se lle fai a democracia, a este paso a cidadanía cada día amosará máis desafección coa política, aínda que me temo que é precisamente o que pretende o PP”.

 

Relacionados