Baixo o lema “O 21M volvemos a Madrid”, a Plataforma Galega das Marchas da dignidade convoca para este mércores 25 de febreiro nas cidades galegas a que será o arranque das mobilizacións que rematarán o 21 de marzo en Madrid.
A necesidade de artellar unha ferramenta capaz de combatir os ataques e abusos que a oligarquía está a practicar sobre as persoas é o camiño para recuperarmos a soberanía como persoas e como pobo. As marchas da dignidade son o exemplo do xerme dun movemento aglutinador que de seguro cristalizará coa victoria dos de abaixo.
Por todo isto, Esquerda Unida fai un chamamento á participación nas mobilizacións que convoca a Plataforma Galega das Marchas pola Dignidade, para este mércores 25 de febreiro por todo o país.