25N contra a violencia machista

e a nula reacción dos poderes públicos, corroboran que as relacións entre homes e mulleres seguen a construírse sobre bases patriarcais que apuntalan a desigualdade e a discriminación  machista.

Neste contexto de desigualdade e discriminación patriarcal onde se enmarcan todo tipo de agresións contra as mulleres. Só unha sociedade fundamentada e asentada na igualdade real, impediría que a crise económica puidera servir de pretexto ou explicación.

O feito de que a mesma imaxe do corpo da muller como simple obxecto  que proxectan moitos medios de comunicación e de publicidade, e inclusive dende espazos sociais e políticos con declaracións e comportamentos atentatorios e denigrantes ás mulleres, mandan unhas mensaxes sexistas de gran calado, que en gran medida promoven e suscitan implicitamente a violencia machista e a desigualdade.

Esquerda Unida considera que a igualdade real se constrúe a partir da prevención e da educación. As políticas e as estratexias que se utilizan para previr as agresións deben partir dunha educación afectivo-sexual a todos os niveis que facilite desenvolver unha sexualidade baseada no respecto e na igualdade real entre mulleres e homes.

E por suposto, fronte aos recortes nos orzamentos e políticas públicas, esiximos que se reforcen  os recursos económicos e humanos destinados ao desenvolvemento de políticas de igualdade activas, integrais e participativas, pola consecución dunha Sociedade libre de violencia de xénero, na liña do apuntado polo Convenio de Estambul sobre prevención da violencia de xénero e as propostas enunciadas polos colectivos feministas.

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación da cidadanía nas movilización convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres por todo o país para  este martes 25 de novembro de 2014:

Vigo: martes 25 ás 20h manifestación, saída dende a Farola de Urzaiz.

Ourense: martes 25 ás 20.30h na Praza do Ferro.

Ferrolterra: martes 25 ás 20h na Praza da Escola de Fene.

Compostela: martes 25 / ás 20h na Praza 8 de Marzo, manifestación conxunta do movemento feminista.

Pontevedra: martes 25 ás 20h na Praza da Peregrina.

Relacionados