25N contra a violencia machista

Esquerda Unida denuncia a violencia institucional que se exerce contra as mulleres a través de reformas regresivas das normas laborais e da lei do aborto, xa que estas medidas inciden directamente e de un modo negativo nas súas vidas. Días como este, deben servir canto menos, para remover conciencias, analizar de xeito estrutural e preguntarse por que malia que teóricamente a violencia de xénero sexa rexeitada desde calquera ámbito político, é aínda unha lacra endémica que xunto coa desigualdade, móstranse inseparables.

Esta lacra require medidas específicas e especiais que proporcionen ás mulleres elementos de prevención e protección reais e á sociedade conciencia e cultura política para rexeitar todo tipo de violencia e, particularmente, a violencia sexista.

Si en moitas partes do mundo as mulleres atópanse nunha situación insostible de negación de dereitos, que as oculta, as empobrece e que as sitúa en continuo risco, ata institucionalizado, de violencia extrema, de explotación sexual, de agresións, violacións, asasinatos e execucións, no noso país faise patente a derívaa conservadora e patriarcal cara a posicións políticas regresivas como a Lei de Aborto, a imposición da corresponsabilidade irreal nas obrigacións familiares, ou os recortes en recursos de protección social e en programas de igualdade.

Polo exposto, o grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes apesares de participares no manifesto institucional do Concello, rexistra unha moción co motivo da celebración do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, para que as palabras se convertan en feitos, cuxa parte resolutiva indica:

Primeiro.- O Pleno do Concello da Coruña comprométese decididamente e con propostas concretas e reais a centrar os seus esforzos en consolidar a igualdade e a non violencia de xénero a través de Plans anuais que teñan un reflexo específico e xeral nos Orzamentos municipais, reforzando os recursos económicos, materiais e humanos.

Segundo.- O Pleno do Concello da Coruña comprométese a poñer a disposición da cidadanía todos os mecanismos persoais e materiais públicos necesarios e ao seu alcance, para a prevención da violencia sexista e atención integral das vítimas da mesma.

Finalmente, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non debemos esquecer que a educación é a mellor vacuna contra a violencia polo que cómpre educar dende a igualdade”.

Relacionados