26F co estudantado por un ensino público

A Área de Educación de Esquerda Unida expresa  o seu total apoio á folga de estudantes que convocada para este xoves 26 de febreiro polas principais organizacións estudiantís do noso país, como medida de rexeitamento ás políticas educativas dos gobernos estatais e autonómicos do Partido Popular.

Dende a Área de Educación de Esquerda Unida coincide co diagnóstico do estudantado galego: a través dos sucesivos recortes o PP está a acometer un auténtico desmantelamento do ensino público universitario de calidade, ao tempo que fai cada vez máis difícil ás clases traballadoras acceder ao mesmo con medidas como a redución das bolsas, o incremento de dificultade de acceso ás mesmas, o encarecemento das matrículas ou  a promoción do modelo de mástes (recentemente aprobado decreto 3+2).

Denunciamos así mesmo que fronte á precarización das condición de traballo na universidade pública e o abandono na inversión de mesma os gobernos do PP promocionan e favorecen de forma descarada o ensino privado e privado-concertado nas distintas etapas educativas.

Por todo isto, considerando imprescinible unha mobilización contundente para frear os plans antisociais e privatizadores dos gobernos autonómico e estatal animamos ao conxunto do estudantado galego a secundar masivamente a folga do 26 de febreiro, congrátulándonos ademáis pola unidade de acción acadada polas distintas organizacións estudiantis.

Esquerda Unida reivindica o seu compromiso cunha educación pública e gratuíta, estudos universitarios incluídos, tal e como sucede noutros países europeos. Unha educación que pule e exerza un papel activo na normalización na nosa lingua, de carácter cientítico e non confesional, que sirva de motor para unha mudanza de valores que axuden a acadar unha sociedade máis equitativa xusta e libre para todas e todos.

Relacionados