alfredo.jpg - 1.15 Kb

27-X: as razóns da folga xeral e máis alá

Con todo, esas medidas tamén se acompañaron doutras que beneficiaban exclusivamente o capital: eliminación do imposto sobre patrimonio, numerosas exencións fiscais, axudas á banca…, así como algunhas outras que pretendían fomentar a creación de emprego, pero das que o principal beneficiario foi o empresariado (Plan E).

 

Porén, esa correlación de forzas -entre o mundo do capital e o do traballo-, moi desequilibrada a favor do capital dende o primeiro momento, rompeuse drasticamente: a redución salarial ao funcionariado e ao persoal empregado no sector público; a suspensión da revalorización das pensións; a mingua da indemnización por despedimento, que ademais financiará en parte a propia persoa traballadora; a eliminación da prestación dos 426 euros e doutras axudas de carácter social…, son algunhas medidas que non deixan lugar á dúbida a ese respecto. Así mesmo, as medidas anunciadas polo goberno para desenvolver este mesmo ano: a privatización das poucas empresas ou organismos aínda en mans do Estado -AENA e LAE-, a bancarización das caixas, a liberación das políticas activas de emprego e da negociación colectiva, a reforma do mercado de bens e servizos ou a reforma das pensións, confirman ese sometemento cego do goberno aos intereses do capital.

Abundan, pois, as razóns para a folga xeral do 27-X. Non só porque a proposta do empresariado -e non debemos esquecer que esta proposta gobernamental é a que elaborou a fundación Fedea con apenas uns retoques-, ao elevar a idade de xubilación a 67 anos e os anos cotizados para calcular a pensión e ao ampliar o número de anos cotizados para ter dereito a percibir o 100% da pensión, vai repercutir negativamente en toda a clase traballadora, pero máis significativamente entre os sectores máis febles e precarizados. Nin sequera porque, ademais, con esta proposta se modifica radicalmente o principio solidario que sustenta o actual sistema de pensións para convertelo nun sistema de capitalización individual. Cómpre, daquela, denunciar, ante todo, que os presupostos difundidos polo empresariado e aceptados polo goberno para levar adiante esta reforma son falsos, como xustamente sinalaron Vicenç Navarro e Juan Torres López nun documento dispoñible en www.rebelion.org/docs/117049.pdf; cómpre, ademais, esixir que as pensións estean garantidas como un dereito por lei, como unha partida dos orzamentos xerais do estado, non vinculadas a unha caixa que o empresariado pode romper en calquera momento, pois sabe que ten a forza para facelo, demandando a súa privatización.

Pero hai unha razón máis: os nosos dereitos foron conquistados na loita, non son concesións -nun acto de xenerosidade- das clases dominantes. Na loita debe estar a súa consolidación e mellora

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Relacionados