Este día de solidariedade e de reivindicación da libertade de decidir das mulleres, tamén é un día de celebración e victoria pola retirada do Anteproxecto de lei presentado polo xa ex-ministro de xustiza Alberto Ruíz Gallardón, o mesmo que meses antes foi aprobado polo consello de ministros.
A retirada deste lei de atentado contra as mulleres é unha victoria da loita do movemento feminista, pero a maquinaria reaccionaria da dereita continúa coa súa vontade de controlar e tutelar os dereitos das mulleres, polo tanto dende Esquerda Unida, seguiremos na loita esixindo a despenalización total do aborto voluntario, que se respete a total autonomía das mozas para esta toma de decisión sen estaren obrigadas a obter o permiso materno e paterno, que a prática da interrupción voluntaria do embarazo teña plena cobertura na sanidade pública. Que a interrupción voluntaria do embarazo forme parte do curriculo médico para a formación de profesionais, que se garanta unha educación afectivo sexual no ensino.
Mobilizacións:
– Compostela: Praza de Praterías ás 12h
– Ferrol: Pasarrúas, saída ás 12 do Cantón e remate na Praza do Inferniño ás 13h
– Coruña: 12h no Campo da leña
– Vigo: às 11:30h no palco da Alameda de Bouzas.
– Ourense: ás 12h nos xardíns do Padre Feijóo.