#28M Agora Ourense

Frannciso Javier Molina . Olicultor e técnico de instalacións, leva ligado aos movimentos sociais desde os trece años, membro de IU en Andalucía e posteriormente en Esquerda Unida, é o número tres da candidatura municipal de Agora Ourense

 

Como foi o camiño para confluír 6 organizacións políticas e por que ” Agora Ourense”?

Non foi fácil, pero escoitamos á rúa e entendiamos que non era o momento de egos nin de cotas de partidos. Con moito diálogo e xenerosidade e comprendendo que as organizacións políticas temos que ser a ferramenta pola que a cidadanía interactúa coas institucións.

Liberados desas ataduras, programáticamente coincidimos nun 90%.

AGORA OURENSE é froito dese diálogo . Agora é o momento de Ourense, da xente, da cultura, da diversidade, de naturalizar…

 

Que podería dicirme sobre a candidatura?

Somos unha candidatura de “xente do común” , sen mochilas nin pretensións, representamos todos os sectores da sociedade e grupos de idade. Unha candidatura de consenso, sen esixencias, onde calquera podería ocupar o número que fose sen malas caras. Unha vez máis me reafirmo en que se entendemos que somos a ferramenta e non a persoa, todo flúe.

E por suposto engadir que temos un peche de candidatura co sempre necesario Manolo Pena-Rey.

 

Que perspectiva electoral baralla?

Son unha persoa realista e de números. Temos un obxectivo claro e necesario que é entrar na institución. Superada a liña do 5% obter 1 ou 2 edís non é cuestión de votos, se non de cantas candidaturas lógrano . Particularmente penso que temos votos potenciais para alcanzar 4 edís, o problema é chegar ao votante, cando os medios de comunicación fan por escondernos, desvíase moito voto por descoñecemento.

 

Que pode pasar no concello de Ourense tras o 28 M?

Como lle dicía antes, son de números e só caben 2 posibilidades. Un goberno local presidido por socialistas coa presenza de Agora Ourense e BNG, enntendendo que non a calquera prezo. Se queremos entrar na institución é para cambiar a forma de facer política municipal

A outra alternativa repetir un desgoberno , corrupto, caciquil…que o presida PP ou peor, o actual alcalde.

 

Engadiría algo máis?

Si claro: SAÚDE E REPÚBLICA!

Relacionados