#28M José Antonio Otero, O Grove

Jose Antonio Otero repite como candidato de Esquerda Unida. Cunha longa traxectoria nos movementos sociais e cunha longa militancia en Esquerda Unida, Jose Antonio afronta con serenidade ás eleccións deste día 28.

EU parte con dous concelleiros na coorporación municipal. Que expectativas electorais manexades.

Esquerda Unida presentámonos sempre coa intención de gobernar, co cal as espectativas sempre son de acadar o maior número de actas. Hai 8 anos quedamos a un puñado de votos de acadar unha terceira acta, o mesmo sucedeu hai catro anos, deixándonos un mal sabor de boca. Este ano cremos que polo traballo de oposición que realizamos neste mandato, e o abuso que fixo o goberno da maioría absoluta acadada no 2019, deberíamos ter segura esa terceira acta, e incluso máis.

Cal será a primeira medida de EU no goberno

Son varias as medidas a tomar nada máis entrar a gobernar. Primeiramente preparar a tempada estival e a Festa do Marisco, traballar na conciliación, buscando medidas para solucionar a falta de prazas na Escola Infantil de Rons, e tamén nos coidados. Logo facer unha auditoría do estado de todas as instalacións municipais, pois o actual goberno non fixo nada polo mantemento das mesmas.  E ao mesmo tempo empezar a levantar alfonbras, pois cremos que se despilfarrou moito carto público.

Que modelo defendedes que se contrapoña ó do goberno do PSOE

Este goberno, nos 8 anos que leva dirixindo o concello, dedicouse a privatizar servizos (limpeza de edificios públicos, mantemento de parques, a xestión das pistas de padel,…). Nos ao contrario, queremos fortalecer os servizos públicos, remunicipalizar os externalizados, crear unha empresa pública de servizos… Esa e o principal modelo que se contrapón ao executado polo goberno socialista, pero tamén o da transparencia e participación, cuestións que o PSOE abandonou no momento en que acadou a maioría absoluta.

Relacionados