3 agosto apoio á folga ferroviaria

 

As necesidades de mobilidade da poboación deben estar garantidas, coa liberalización do transporte ferroviario esto non é seguro.

A Executiva nacional de Esquerda Unida manifesta que o RDL 20/2012 contempla a liberalización do transporte ferroviario. No continuo ataque ao sector público, a liberalización do transporte ferroviario contempla a segregación de Renfe, a supresión da empresa Feve e as consecuentes supresións daquelas liñas non rentables ao capital.

 

Por iso, Esquerda Unida apoia a folga convocada polos sindicatos ferroviarios para o venres 03 de agosto. As mobilizacións convocadas polos sindicatos de Adif, Feve e Renfe operadora, consideran que son as medidas tomadas polo goberno do PP perxudican non só aos traballadores do sector senón que van encamiñadas a red

 

A coordinadora nacional e candidata á Xunta, Yolanda Díaz afirma que “o ferrocarril ten que manter a súa condición de público e social e ao servizo da cidadanía”. Defendemos a potenciación do transporte público colectivo, onde o tren ocupa un lugar relevante, como método de vertebración nacional, cohesión social en mellora do noso nivel de sustentabilidade.

 

Por todo isto Esquerda Unida manifesta o seu apoio á folga convocada polos sindicatos ferroviarios en defensa dun ferrocarril público.

 

Relacionados