3º apagón no Ventorrillo

Diante desta situación rexistramos unha pregunta escrita para coñecer o acontecido, na que o goberno municipal resposta a que este tipo de faios débese ao deficiente estado da rede e que durante anos o mantemento desta estivo por debaixo dos mínimos razoables debido ao baixo investimento.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que a veciñanza do Ventorrillo volveu a quedar a escuras este xoves 14 de febreiro apesares de que o goberno local indica que coa entrada o 1 de xaneiro de 2013 do mantemento integral de alumado Un servizo que segundo asegura o goberno municipal asegura que as reparacións desenvolveranse durante os 365 días do ano, minimizando, así, o tempo de resposta.

Esquerda Unida lamenta que por terceira vez en dous meses a veciñanza do Ventorrillo quede sen alumado público, algo inaceptable que en pleno século XXI.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “sona a cachondeo do goberno municipal pero a realidade e que outra eiva no servizo de mantemento integral do alumado deixa a escuras a zona da escola infantil do Ventorrillo e os seus arredores até a rúa Peñamaría de Llano e os xardíns arredor da pista de deportes descuberta”

César Santiso subliñou que “diante destes despropósitos continuados volveremos a preguntar ao goberno municipal por esta esperpéntica situación, porque isto máis que avirías semellan cortes programados”.

Relacionados