A cidade esmorece, os comercios pechan as gradas de navantia permanecen aproximadamente como hai catro anos. Os servizos sociais esvánense no ar e os edificios seguen a derrubarse. Nada disto importa, como non importan os dramas persoasi da xente que a cotío acudo ao pazo municipal en busca de solucións présa de deseperación. O importante é ter a puntiño unha boa partida para publiciade. A puntiño para cando comeze, xa, a precampaña. Nunha situación de emerxencia social como a actual, adicar eses centos de miles de euros a propaganda só indica dúas cousas: non hai moral e no seu canto o que hai é a brutalidade da vella política. O dirixente institucional sorríndo en campaña prometendo de todo e para todos; cinismo as présas.
Que se pode facer con 446,165.25 euros?. Na cidade de Ferrol moitas cousas: un plan de emprego municipal sendo como somos a cidad coa taxa de desemprego mais alta do Estado, un plan retribuído de formación para desempregados/as faltos de reciclaxe laboral, activar a bolsa de desemprego do concello etc. Para Ferrol e para o resto dos concellos da provincia, para a cidadanía en xeral a medida é un insulto por parte de pícaros burlóns que rin e rin en campaña a conta de todos nós.
“Está moi ben visitar os barrios, previamente hixienizados, como salmóns postos no anzol do mandatario, pero mentres o alcalde sorrí e sorrí ,e ao seu lado o amigo Diego, anunciando inversións millonarias nas pedras da cidade, miles de desempregados nas mesmas casas dos barrios que visita, soportan o peso de mundo, e permanecen abandonados a súa sorte pola inacción municipal.” Afirma Jorge Suárez, candidato de EU. Dende EU, pedimos a dimisión ,por dignidade política, do presidente Diego Calvo como outras veces a pedimos do seu amigo o alcalde de Ferrol . A vella política quedou demostrado que non serve, provoca indignación e carraxe, e debe deixar paso a outras alternativas que gobernen dende o fondo dos problemas da xente e non dende as formas da mercadotecnia.