70 anos despois da Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, reivindicamos o seu estricto cumprimiento

Hoxe é o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, un texto escrito en 1948 e que o noso país está a vulnerar en determinadas cuestións. Os ideais universais contidos nos 30 artigos da Declaración van desde o máis fundamental, o dereito á vida, até aqueles que fan que a vida mereza a pena ser vivida, como os dereitos á alimentación, a educación, o traballo, a saúde e a liberdade.

Ao recalcar a dignidade inherente de cada ser humano, o seu Preámbulo subliña que os Dereitos Humanos son “a base da liberdade, a xustiza e a paz no mundo”.

No seu sexto informe periódico, Nacións Unidas vén de emitir un documento onde expón as súas grandes “preocupacións” respecto ao noso país, que non garante dereitos como a liberdade de expresión, o dereito á vivenda, ao traballo, ao asilo ou a garantir a  Memoria Histórica e Democrática.  Segundo Nacións Unidas, as materias pendentes do noso país, e as que chamanos a cumprir son:

1. Revisión da vixencia da Lei de Amnistía de 1977
2. A inaccesibilidade dos arquivos militares
3. A Lei Mordaza
4. As devolucións en quente
5. A reforma da Lei do Aborto
6. As redadas “raciais” da policía
7. As condicións dos CIEs
8. As diferenzas salariais entre o home e a muller
9. As condicións de Asilo e Refuxio

Por último, nun día como hoxe, reclamamos que nunha sociedade empobrecida como a a nosa, que a RISGA sexa un dereito cidadán que pasa obrigatoriamente porque sexa respectuosa, suficiente, digna, accesible e eficiente.

Relacionados